File:3696-Castelo do Pambre en Palas de Rei (Lugo).jpg

Original file(2,940 × 2,240 pixels, file size: 2.68 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Summary

edit
Description
Galego: O castelo de Pambre é unha fortaleza situada álzase a 44 m de altitude nun penedo á beira do río Pambre, na parroquia de Pambre (Palas de Rei).

O castelo é unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé trala revolta irmandiña.

A capela románica contida nas súas murallas é anterior á súa construción e foi durante séculos igrexa parroquial de Pambre As lendas tradicionais outorgan a súa construción aos mitolóxicos mouros en só unha noite. A lenda devén do feito de ser construído de xeito rápido pola xustificada premura de Gonzalo Ozores de Ulloa

Foi un dos poucos castelos que non foron destruídos polos irmandiños, e salvouse grazas á astucia de Sancho Sánchez de Ulloa que tratou de falar cos sublevados nunha histórica reunión en Melide e que, ante as esixencias de que entregase o castelo, e temendo pola súa vida, decide fuxir, salvando a vida e o castelo, que foi respectado polos irmandiños. No ano 1895 un secretario do duque de Alba vendeu a fortaleza xunto cos seus bens e outros edificios ao veciño de Palas de Rei Xosé Soto por 27.000 pesetas, nunha escura manobra que contradicía os termos do aforamento a perpetuidade outorgado case douscentos anos antes. Tras os correspondentes preitos, a propiedade confirmouse para a familia Moreiras -que nunca a chegara a abandonar- no 1912 na persoa de Manuel Moreiras, de quen o herdaría o seu irmán materno, o polígrafo Manuel García Blanco, lembrado catedrático no Instituto de Lugo, Delegado de Estatística provincial e autor de obras de investigación lingüística, principalmente sobre toponimia e defensa da lingua galega, con frecuencia baixo o pseudónimo, de Manuel da Torre, en referencia precisamente á fortaleza de Pambre.

Arredor da fortaleza fóronse tecendo outras lendas, coma a citada, con menor ou meirande base histórica. Así, entre outras, atopamos a que mantén que un nobre francés peregrinando a Santiago, logo de ser atacado por bandidos, foi auxiliado polo señor do castelo, que o atendeu xunto coas súas dúas fillas deica sandar. Volvendo xa de Compostela á súa patria, o nobre recuncou agradecido en Pambre, onde pediu a man dunha delas da que ficara namorado, marchando os dous á súa afastada terra. A irmá, agardando solitaria polo seu cabaleiro, morreu de saudade, habendo quen asegura que a súa pantasma aínda pode verse de cando en vez fitando cara ao Camiño de Santiago dende certas xanelas das torres do castelo.

Galipedia.
Date
Source https://www.flickr.com/photos/jlcernadas/13291229805/
Author Jose Luis Cernadas Iglesias

Licensing

edit
This image was originally posted to Flickr. Its license was verified as "cc-by-2.0" by the UploadWizard Extension at the time it was transferred to Commons. See the license information for further details.
w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current15:58, 25 March 2014Thumbnail for version as of 15:58, 25 March 20142,940 × 2,240 (2.68 MB)Elisardojm (talk | contribs)User created page with UploadWizard

There are no pages that use this file.

File usage on other wikis

Metadata