File:Arcos, Ponteareas, Pena dos Namorados.jpg

Original file(3,872 × 2,592 pixels, file size: 4.62 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Summary edit

Description
Galego: A PENA DOS NAMORADOS OU O PENEDO DA PENA en Arcos, Ponteareas.

Aseguran os máis vellos da bisbarra que noutro tempo vivía no castelo do Sobroso Don Álvaro de Sarmiento, pai dunha fermosa rapaza en idade de namorar. Aldina, que así se chamaba, entregáralle o seu corazón a Tristán, un labrego da zona ou señor da fortaleza da Picaraña, segundo quen nolo conte. En calquera caso, amores furtivos e prohibidos por don Álvaro. Seica os amantes facían por se ver nos solpores nun lugar afastado de miradas indiscretas: A Pena dos Namorados.

Mais esas citas clandestinas chegaron a ouvidos de don Álvaro, que decide verificar o ruxerruxe. Disfrazado de mendigo vai seguindo as pegadas de Aldina até chegar ao lugar e comprobar cos seus propios ollos o que acontecía. Cheo de carraxe agarda agochado a que a súa filla marche e encárase co amante. Don Álvaro non atende a razóns e comezan a pelexar até que a súa espada atravesa o corazón namorado de Tristán. Despois arromba o seu corpo contra as silveiras e marcha.

Aldina, descoñecedora do suceso, segue a acudir á súa cita diaria na Pena dos Namorados, Por tres noites agarda a chegada de Tristán sen resultado. Entre bágoas, na terceira noite escoita as badaladas do mosteiro de Canedo e a figura fantasmal de Tristán aparece no lugar para lle explicar que o seu corpo foi achado por un veciño, que foi o seu pai, Don Álvaro, quen lle deu morte e que esas campás anuncian o seu enterro e que, en tres días máis, estarán xuntos para sempre.

Ao albor, cando Aldina chega ao castelo, crúzase co seu pai sen mediar palabra e péchase na torre da Homenaxe. Será a última vez que Don Álvaro a vexa con vida pois, entre saloucos, a vida váiselle escapando e morre ao terceiro día.

Seica desde entón, á Pena dos Namorados acoden mozos e mozas de toda a bisbarra a preguntar polo seu futuro amoroso seguindo o rito das tres pedras. Disque colocados de costas á pena e logo de recoller tres pedriñas do chan, deben tiralas por enriba do ombreiro. Se as tres pedras ficaren no alto da pena significa que casaremos no prazo dun ano. E hai quen engade que se só ficaren dúas pedras ese prazo se vai alongar até os dous anos; se só ficar unha pedra, a voda tardará aínda máis tempo; e se non ficar ningunha, o noso namoramento non terá futuro."

Manrique Fernández.

Consellaría do Medio Rural. Xunta de Galicia.

C.M.V.M.C. de Arcos (Ponteareas).
Date
Source

Arcos, Ponteareas, Pena dos Namorados

Author HombreDHojalata from Spain
Camera location42° 10′ 39.86″ N, 8° 28′ 35.82″ W Kartographer map based on OpenStreetMap.View this and other nearby images on: OpenStreetMapinfo

Licensing edit

w:en:Creative Commons
attribution share alike
This file is licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
  • share alike – If you remix, transform, or build upon the material, you must distribute your contributions under the same or compatible license as the original.
This image, originally posted to Flickr, was reviewed on March 27, 2011 by the administrator or reviewer File Upload Bot (Magnus Manske), who confirmed that it was available on Flickr under the stated license on that date.

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current11:03, 27 March 2011Thumbnail for version as of 11:03, 27 March 20113,872 × 2,592 (4.62 MB)File Upload Bot (Magnus Manske) (talk | contribs){{Information |Description="'''''A PENA DOS NAMORADOS OU O PENEDO DA PENA'''. Aseguran os máis vellos da bisbarra que noutro tempo vivía no [http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Sobroso castelo do Sobroso] Don Álvaro de Sarmiento, pai dunha fermosa

The following page uses this file:

File usage on other wikis

The following other wikis use this file:

Metadata