1
00:00:01,000 --> 00:00:06,500
Esta presentación ensina os pasos básicos para subir imaxes na Wikimedia Commons
2
00:00:06,700 --> 00:00:09,200
e engadilas ós artigos da Wikipedia.
3
00:00:09,400 --> 00:00:13,500
Colle este artigo, por exemplo: "Lente secundaria".
4
00:00:13,700 --> 00:00:18,500
É un tema sobre fotografía que non ten ningunha foto. Vamos amañar isto!
5
00:00:18,700 --> 00:00:21,500
Imos usar unha imaxe orixinal que fixen eu.
6
00:00:21,700 --> 00:00:24,000
Para engadila ó artigo temos que cargala
7
00:00:24,100 --> 00:00:26,200
na Wikimedia Commons.
8
00:00:26,500 --> 00:00:27,200
Comecemos polo principio.
9
00:00:27,400 --> 00:00:31,000
A Wikimedia Commons é só para obras orixinais feitas por ti,
10
00:00:31,300 --> 00:00:36,000
obras doutras persoas que foron liberadas explicitamente baixo unha licenza compatible coa Wikipedia
11
00:00:36,300 --> 00:00:40,500
ou obras que están no dominio público e que non están cubertas por ningún dereito de autoría.
12
00:00:40,800 --> 00:00:42,000
Para subir un ficheiro,
11
00:00:42,300 --> 00:00:45,000
vai a commons.wikimedia.org.
12
00:00:45,300 --> 00:00:48,000
Asegúrate de entrar co teu usuario e contrasinal se aínda non o fixeches.
13
00:00:48,300 --> 00:00:50,300
Usarás a mesma conta que tes na Wikipedia.
14
00:00:51,000 --> 00:00:53,600
Para comezar, vai ó Asistente de cargas
15
00:00:53,800 --> 00:00:56,800
premendo na ligazón "Cargar o ficheiro" na esquerda.
16
00:00:57,000 --> 00:01:00,000
A primeira páxina do asistente é un cómic, presentando a Puzzly!,
17
00:01:00,300 --> 00:01:04,000
que ensina o que está permitido en Commons e o que non.
18
00:01:04,300 --> 00:01:08,000
Debaixo do cómic, preme no botón "Seguinte" para pasar á páxina de carga.
19
00:01:08,300 --> 00:01:14,000
Premendo en "Seleccione o ficheiro multimedia que queira compartir" poderás seleccionar no teu ordenador o ficheiro que queres subir.
20
00:01:14,300 --> 00:01:18,000
Unha vez cargado, podes seleccionar a licenza coa que queres compartir o ficheiro.
21
00:01:18,300 --> 00:01:22,000
Se é unha obra túa, simplemente pon o teu nome ou o teu nome de usuario,
22
00:01:22,300 --> 00:01:25,600
sempre que queiras que se mostre o teu nome cando alguén use a túa imaxe,
23
00:01:25,800 --> 00:01:27,000
e preme en "Seguinte".
24
00:01:27,300 --> 00:01:30,500
Agora é o momento de escribir o título e a descrición da imaxe.
25
00:01:30,700 --> 00:01:31,500
Para o título
26
00:01:31,700 --> 00:01:34,500
usa algo conciso, descritivo
27
00:01:34,700 --> 00:01:37,700
e que sexa específico abondo para diferencialo de imaxes similares.
28
00:01:37,900 --> 00:01:39,500
Para a descrición
29
00:01:39,700 --> 00:01:42,000
engade tódolos detalles que poidas:
30
00:01:42,200 --> 00:01:44,500
onde e como se fixo a imaxe;
31
00:01:44,700 --> 00:01:46,500
cal é o tema da imaxe;
32
00:01:46,700 --> 00:01:49,000
e tódolos detalles que poidan querer saber as persoas que vexan esa imaxe.
33
00:01:49,300 --> 00:01:53,000
Tamén podes engadir a imaxe a unha ou máis categorías da Wikimedia Commons.
33
00:01:53,300 --> 00:01:58,000
Intenta buscar imaxes similares para atopar as categorías apropiadas.
34
00:01:58,300 --> 00:02:00,500
Neste punto, ao premer en "Seguinte" completarás a carga
35
00:02:00,700 --> 00:02:05,000
e a imaxe estará dispoñible para usala na Wikipedia.
36
00:02:05,300 --> 00:02:07,000
Na última páxina do asistente atoparás
37
00:02:07,300 --> 00:02:10,000
o código para engadir a imaxe a un artigo da Wikipedia
38
00:02:10,300 --> 00:02:13,000
e un enderezo URL para acceder á páxina do ficheiro,
39
00:02:13,300 --> 00:02:17,000
onde podes editar a descrición ou cargar novas versións do ficheiro.
40
00:02:17,300 --> 00:02:19,500
Podes copiar o código wiki
41
00:02:19,700 --> 00:02:21,000
e pegalo no artigo,
42
00:02:21,300 --> 00:02:23,500
e logo engadir un pé de foto.
43
00:02:23,700 --> 00:02:27,000
O formato básico para poñer unha imaxe nun artigo é este:
44
00:02:27,300 --> 00:02:29,200
dous corchetes de apertura, logo
45
00:02:29,400 --> 00:02:31,200
o nome do ficheiro, despois
46
00:02:31,400 --> 00:02:36,200
unha barra vertical e a palabra "miniatura" ou "thumb" (que fai que a imaxe se mostre no formato estándar)
47
00:02:36,500 --> 00:02:37,500
logo outra barra vertical,
48
00:02:37,700 --> 00:02:39,000
e logo o pé de foto,
47
00:02:39,200 --> 00:02:43,000
que debe ter unha conexión clara co texto do artigo,
47
00:02:43,200 --> 00:02:46,000
e logo dous corchetes de peche.
48
00:02:46,200 --> 00:02:48,000
Unha vez engadida a imaxe,
49
00:02:48,200 --> 00:02:50,000
pon un resumo de edición e garda a páxina.
50
00:02:50,200 --> 00:02:51,500
E xa está!
51
00:02:51,700 --> 00:02:54,000
Xa engadimos unha nova imaxe á Wikipedia.
52
00:02:54,500 --> 00:02:57,000
Grazas! Adeus!