User:Rocastelo/Tipos de ficheiros

Alemannisch | Deutsch | English | español | français | galego | italiano | 日本語 | polski | português | română | русский | slovenčina | slovenščina | Türkçe | +/−

Tan só certos tipos de arquivos se aceptan en Commos. Estes son (a 26 de xuño de 2006)

Se precisa axuda para crear ou ver eses formatos por favor vexa: Commons: Software.

Teña en conta que artigos de texto non teñen cabida en Commons. Por favor vexa o Project scope para máis información sobre o que é aceptable en Commons.

Outros formatos diferentes aos citados arriba débense converter a un destes antes de cargalo.

Imaxe edit

PNG e GIF son fomatos sen perdas, o que quere dicir que as cores exactas dos píxeles se manteñen intactas. O formato JPEG, pola contra, ten perdas, utilízase para as fotografías. SVG (ou PNG para gráficos non vectoriais) é mellor para gráficos e diagramas, e GIF débese usar só para imaxes animadas.

TIFF e BMP son formatos que non se permiten en Commons, ámbolos os dous poden ser convertidos con pouca perda a PNG na maioría dos casos.

Desafortunadamente o sistema para cambiar de tamaño das imaxes é aínda moi malo. Actualmente, as miniaturas xenéranse no mesmo formato que a imaxe orixinal e sempre en cor de 24 bit, agás no caso do formato GIF que aparece en 256 cores, o máximo permitido para este formato. Polo tanto a redución de imaxes PNG produce arquivos moi grandes, mesmo se a imaxe orixinal contiña unha paleta. Non é posible importar un arquivo en formato PNG e utilizalo de forma reducida nun artigo en formato JPEG.

Son edit

Commons non acepta arquivos de son . Estas teñen que ser convertidas en arquivos Ogg e usar códecs FLAC, Speex ou Vorbis dependendo das súas necesidades. Speex úsase para gravar voz, Vorbis para audio en xeral e ten perdas polo que a súa calidade é reducida. FLAC é para audio xeral e ten poucas perdas (preservase a calidade) pero actualmente produce uns arquivos demasiado grandes para gravacións normais. Na maioría dos casos deberase usar Vorbis.

Vídeo edit

Os vídeos deben ser arquivos Ogg usando o códec de Vídeo Theora.