File:MOSAICO DE DÉDALO E PASIFAE (detalle).jpg

Original file(1,643 × 1,095 pixels, file size: 1.61 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents
Description

Este mosaico romano da primeira metade do s. III d. C. apareceu nas escavacións levadas a cabo en 1986 no solar nº 10 da Rúa Armañá de Lugo. Cubría o chan dunha grande habitación duns trinta e oito metros cadrados, posiblemente un triclinium (comedor). Ingresou no museo, como depósito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia en setembro de 1995. O nome débello ao motivo mitolóxico da parte central, un emblema cunha representación figurativa do momento no que Dédalo lle entrega a Pasifae a vaca construída por el para que seducise ao touro branco do que estaba namorada. O termo mosaico aplícase xeralmente á técnica de decoración de superficies arquitectónicas con pequenas pezas talladas de forma máis ou menos semellante a un prisma, as teselas, que poden ser de pedra, vidro ou cerámica e asentadas nunha capa de xeso ou morteiro. O mosaico naceu cunha función utilitaria, para ser lavado con auga. O emblema está fixado sobre un cadrado de 1,85 m. de lado e está composto por teselas de pedras calcáreas de 0,5 cm. de lado (Opus Verniculatum). Destaca, en primeiro lugar, unha figura sedente, cuxa cabeza resulta irrecoñecible. Viste túnica cinguida con cinturón negro e calza caligas (sandalias propias do soldado romano) de media cana atadas con cordóns, aparenta sentado sobre unha cadeira de patas cadradas, ao lado da cal aparece unha especie de cesto con asas en cuxo interior se distingue unha gubia de carpinteiro enmangada e a boca e o molde dun xarro picudo. Sobre o borde do cestiño parece distinguirse un paxariño pousado e con ás semidespregadas. Diante desta figura a cabeza dun touro, coa cornamenta volta e as orellas erectas. Ao outro lado da gran figura sedente, da que só se conserva un fragmento central, na que se aprecia que viste unha túnica larga, a franxas verticais, de color ocre e amarelo e un manto cinguido ao tronco e o brazo dereito, polo que parece unha figura feminina. Por outra parte, no extremo dereito do recadro do emblema érguese unha construcción arquitectónica, que parece ser unha torre, en cuxa planta baixa aparece unha gran porta de arco de medio punto, na planta superior aparecen dúas ventas e por encima desta planta consérvanse os restos da representación da terceira.


Mª Ofelia Carnero Vázquez (Museo Provincial de Lugo)
Date
Source Flickr: MOSAICO DE DÉDALO E PASIFAE (DETALLE).
Author Álvaro Pérez Vilariño
Permission
(Reusing this file)
This image, which was originally posted to Flickr, was uploaded to Commons using Flickr upload bot on 13 June 2012, 16:47 by Divesgallaecia2012. On that date, it was confirmed to be licensed under the terms of the license indicated.
w:en:Creative Commons
attribution share alike
This file is licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
  • share alike – If you remix, transform, or build upon the material, you must distribute your contributions under the same or compatible license as the original.

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current16:53, 13 June 2012Thumbnail for version as of 16:53, 13 June 20121,643 × 1,095 (1.61 MB)Flickr upload bot (talk | contribs)Uploaded from http://flickr.com/photo/92249242@N00/6841930328 using Flickr upload bot

The following page uses this file:

File usage on other wikis

The following other wikis use this file:

Metadata