Adriskala
No titorial primeiros pasos e nas preguntas frecuentes pode atopar moita información de axuda logo de rexistrase. Explícase como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da política de licenzas. Non necesita coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímese a contribuír aquí e presupoña boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente fácil contribuír. Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode pórse en contacto co resto dos usuarios galegofalantes na Taberna ou cos usuarios internacionais no canal de IRC #wikimedia-commons. Tamén pode contactar cos administradores na súa páxina de discusión. Se ten algunha pregunta específica sobre o copyright, formúlea en Commons talk:Licensing. |
| |
(P.S. Por favor pode responder a esta mensaxe no espazo común para que saibamos que ten a información que precisa?) |
Para contactar comigo |
Para contactar comigo, fai click na |
Indicación dos datos necesarios para que as imaxes subidas a Commons non sexan borradas
edit¿Qué debes indicar?
- se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente. Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos e non se pode subir a Commons (Commons:Derivative works).
- Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (link) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en dita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial, a non ser que pasen 70 anos da morte do autor (fotógrafo,...). Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
- se a copiaches doutra Wikipedia (por exemplo a galega), coloca un enlace exacto á páxina de información da imaxe orixinal. Non basta dicir soamente que a imaxe se tomou de "outra Wikipedia"; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.
¿Cal é a licenza da imaxe?
- Se a imaxe a fixeches ti, debes utilizar unha das admitidas e expresadas en Commons:Primeiros pasos/Selección da licenza, por exemplo {{GFDL-self}} ou {{PD-self}}.
- No caso de que sexa copiada dalgún sitio, debes poñer a licenza que nese sitio tiña.
Todas as imaxes que se soben a Commons deben permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Pero hai máis matices, por iso é polo que haxa varias posibles licenzas. A licenza PD-self coloca a imaxe no dominio público sen restricións. En poucas palabras, a licenza GFDL-self obriga a que, se se utiliza a imaxe se nomee o autor e o lugar de onde se obtivo.
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida? ::*Accede ás túas fotos.
- Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
- Garda a páxina
¿Como indicalo cando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida. Un cordial saúdo.--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 15:15, 6 May 2008 (UTC)
DESCULPAS
editboas,pido disculpas se non fixen algo ben,estou a subir fotos dun mundial de motocross,pero é o meu primeiro dia nisto,e tou un pouco perdido,estame a costar moito.Estou a ser ensinado polo meu profesor de galego Lmbuga,non estou a fastidiar a galipedia,xa que interesame ampliar o artigo de motocross.De modo que pido disculpas.Sintoo,sou novato.
Saúdos
--Adriskala 21:25, 6 May 2008 (UTC)
- Non vexo que fixeses nada mal. Ainda non subiches ningunha imaxe. Xa repasaremos o procedemento--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 13:49, 8 May 2008 (UTC)
Imaxe duplicada
editBorrei a imaxe Image:Salto Mundial de motocross.jpg por ser duplicada de Image:Salto Mundial de motocross.jpg. Tranquilo, non fixeches nada malo. Seguirei revisando os teus pasos en Commons ata que te encontres seguro do que fas. Iso si, grazas pola túa colaboración co proxecto. Un cordial saúdo--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 19:45, 17 May 2008 (UTC)
- Confundinme. Pensei que subiras dúas imaxes iguais e non era así. Desculpa. Xa recuperei a imaxe que borrei. Procedo a incorporala na túa galería persoal. Un cordial saúdo--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 19:49, 17 May 2008 (UTC)